Última xornada do foro; inicio dunha viaxe sen folla de ruta nin calendario. Remata o festival da palabra e empeza a miña viaxe particular: quizais Oaxaca a comunidades en resistencia, quizais restos de la APPO, quizais unha viaxe aos huicholes do norte que poden estar interesados no noso traballo, quizais... o seguro é o pouso rebelde que levo destes días no Seminario Internacional; de buscas e preguntas, xuntas de bo goberno, autonomía e territorialidade, comunitarismo e democracia realizada. 
SMS, facebukes e outros poemas: 
  
- SMS que me manda un cuate 	dende a arxentina: "neno, estamos ante unha nova forma de 	política baseada na realidade e nunha concepción do poder activa e 	con vida de verbo. Ciao bacallao ".  	 
- Leo no meu facebuke algo que responde unha colega 	clown de chile: "necesitamos unha nova escoita, esa que implica 	comprender a outra sen deixar de sentir a forza do que nos nace de 	dentro pero superando a confrontación directa e asumindo a 	polaridade dos contrarios. Bicos ricos ".  	 
  Unha vez máis, o zapatismo reúneme e reúneme como un crebacabezas humano que se reinventa a cada paso. Transformeime nunha arte dunha elite sen fronteiras nin clases, coprotagonista da historia que virá, nesta universidade da terra. Celebro, emociónome na teoría; esa que se deu en forma de festival na Grecia que nos pariu.   
Choro en latín, en galego, en tojolabal a festa desta reinvención do mundo.   
O EZLN pechou durante tres días os caracois; nas rúas fálase de tropas mexicanas atrincheiradas, de movementos civís radicais ameazando con grandes accións e tomas de pazos, televisións e estradas. E terceiras vías campesiñas que piden que non corra o sangue senón a xustiza, mentres o capitalismo se devora a si mesmo a imaxe e semellanza do Goya máis escuro e preclaro. Os e as zapatistas sen estar presentes están e son o corazón e a pluma de corazóns irredutibles que levantan teoría revolucionaria. 
  Nada agradezo porque todo debo. 
  E falta o que falta, pero o que importa é o importante. Así que, mentres os foros voan mundos e ceos por descubrir, Lokonuk dedícase a facer xogos cos 
compas dunha comunidade tzotzil; maxia e risas que me irmandan cun 
compa de 12 anos chamado Armando que me rouba o corazón e palestina de Nablus do pasado abril. Ponte e metáfora, vaise camiñado con ela posta sobre as súas roupas tradicionais dos altos de Chiapas cheos de azuis brillantes. 
  Un átomo de poesía e unha risa rebelde.   
Marcho.