 
 
O dezao Luis Quinteiro Fiuza, até agora bispo de Ourense, substitúe a Xosé Diéiguez, que renunciou ao cargo.
 
											Quinteiro Fiuza é dende este xoves o novo bispo de Tui-Vigo
Logo de que esta semana se soubese que un xulgado investiga a relación do Bispado Tui-Vigo cunha trama de corrupción na que terían participado técnicos da Consellaría de Cultura, a Igrexa move ficha. A xerarquía eclesiástica anunciou este xoves que o actual bispo de Ourense, Luis Quinteiro Fiuza, substituirá ao actual titular da diócese, Xosé Diéguez Reboredo.
Aínda que dende a Igrexa non relacionaron en ningún momento o cambio co escándalo e aseguran que o propio bispo saínte pediu formalmente a renuncia (por razóns de idade), tamén é certo que Diéguez Reboredo é un dos 12 imputados por un xulgado de Compostela por unha presunta trama de corrupción en Cultura. O arcebispo de Compostela, Xulián Barrio, limitouse a agradecer a "entrega, xenerosidade e bo facer" do bispo saínte.
A Fiscalía sostén que funcionarios e cargos eclesiásticos poderían ter cometido delitos de suborno e tráfico de influencias. A trama tería como finalidade obter plusvalías irregulares da adxudicación pública de obras de restauración de inmóbeis da Igrexa. A investigación púxose en marcha en 2008 logo de que a propia Consellaría de Cultura detectase indicios de irregularidades.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto