 
 
Unha mostra etnográfica cedida polo Museo Etnolóxico de Múnic reflicte o rol feminino en diferentes xeografías e épocas.
 
											A identidade da muller dentro do grupo, a súa capacidade de decidir sobre o seu propio destino ou a idealización da beleza feminina. Estes son algúns dos temas para a reflexión que ofrece unha exposición que xa se pode visitar no Kiosko Alfonso, na Coruña: Mulleres, espello de culturas.
A mostra fai un percorrido do universo feminino a través dunha selección de 135 pezas de todo o mundo, cedidas polo Museo Etnolóxico de Múnic, que adquiren nova vida como testemuños das mulleres que un día foron as súas usuarias.  A colección procede de sete culturas de África, Asia e da Amércia Amazónica e Septentrional e divídese en tres ámbitos: a familia, o papel da muller na sociedade  e a divinidade feminina.
Organizada pola Concellería de Cultura da Coruña e a Fundación La Caixa, pódese visitar até o vindeiro 4 de abril.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto