 
O CS Atreu, da Coruña, organiza dúas xornadas de "reflexión en código aberto" sobre formas de ver e facer na rede.
 
											O Centro Social Atreu, situado no barrio de Montelato da Coruña, será o escenario este venres e sábado das 'Jornadas informaçom e redes 2.0', abertas ao público, e que contarán coa presenza de numerosos colectivos, webs e blogs co fin de "analizar o estado actual da contrainformación e das das ferramentas que favorecen a interacción entre as comunidades e persoas na infosfera galega".   
  "Moitas preguntas", en palabras dun dos organizadores desta "reflexión en código aberto", Antón Gómez-Reino, Tone, é o bagaxe co que se chega ao encontro, do que se agarda tirar algún tipo de conclusións ante o panorama que se aveciña. Isto é, "que a maré de blogs, portais e espazos contrainformativos e comunicativos conscientes en Redes Socias van ser o elemento central na estratexia comunicativa dun futuro cada vez máis presente".  
  
Ademais, procúrase rachar coa paradoxal "incomunicación" existente -en moitas ocasións- entre os diversos individuos e colectivos que actúan na infosfera do noso país, tanto "a nivel de redes sociais como a nivel comunicativo e contrainformativo", apunta o tamén membro do colectivo FugaEmRede, que aclara que inicialmente plantexan as xornadas como algo "experimental".    
   
O CS Atreu, que conta cun hacklab (zona de tecnoloxía autónoma centrada na promoción do software libre e dos medios alternativos), leva tempo traballando, tamén desde un punto de vista político, nestas cuestións. Por exemplo, coa organización de obradoiros. "Moitos dos debates que temos entre nós, como a participación ou non en determinadas redes sociais como colectivos, deron pé a facer estas xornadas", explica Tone.  
   
  Jornada contrainformativa.   Venres, 5 (20.30 horas) 
  - Altermundo 
- Indymedia 
- Galiza libertaria 
- Galiza livre (pendente de confirmar) 
- Olholivre 
- Vieiros 
  
Jornada de Redes Sociais, web 2.0. Sábado, 6 (18.00 horas) 
  - Blogaliza 
- Ergosfera 
- Universidade Invisíbel 
- Sementeira 
- Indymedia 
- Saramaganta 
- CSO Casa das Atochas 
- Hacklab Fervesteiro 
- Trebelab 
- Olholivre 
- Manuel M. Barreiro 
- hacktreu 
  
*O sábado ás 12.00 horas haberá unha asemblea aberta de Indymedia Galiza, e a partir das 22.00 horas unha cea vegana/fin de festa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto