 
 
A AS-PG convoca probas para escoller dúas voces que reciten textos para un documental sobre o poeta do Courel.
A Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) busca voces para un documental sobre Uxío Novoneyra. O colectivo convoca o concurso para seleccionar unha voz feminina e outra masculina que se encargarán de recitar textos do autor do Courel.
Os aspirantes terán que gravar en formato mp3 dous poemas do libro Os Eidos e envialos a través dun formulario que está na páxina web da AS-PG. Os traballos deberán de chegar antes do 22 de febreiro. 
A AS-PG quere ter o documental na rúa o vindeiro mes de abril para celebrar o Día das Letras, que este ano está adicado ao poeta, finado hai once anos en Compostela, e que está considerado unha das figuras máis salientábeis da poesía galega das últimas décadas.
Poden ver aquí os requisitos para as probas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto