 
O concurso Maiores cON Iniciativa recoñece un blog con testemuños audiovisuais de mulleres e unha bitácora sobre a menciña natural.
 
											Recomendámoslles rexemer na bitácora Memoria de Muller, un interesante proxecto impulsado pola Rede de Dinamización da Sociedad eda Información. Trátase dun espazo que busca o achegamento das mulleres maiores de 50 anos ás novas tecnoloxías e a sociedade da información. Á vez, ofrece un vizoso traballo de recuperación da memoria histórica, persoal e sociocultural a través dos relatos das participantes.   
  
  Trátase dunha das iniciativas web premiadas no concurso "Maiores cON Iniciativa", organizado por Fundetec. Outro proxecto premiado abrollou en Allariz: o blog arredor da iniciativa As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino. As mulleres das asociacións veciñais son aquí protagonistas do labor de recolección e transmisión de información sobre as herbas medicinais atopadas no contorno do concello ourensán.  
  
  Bergantiños: pasado e presente é outra bitácora premiada. Desta volta xorde do Centro de Dinamización de Carballo, onde un grupo de xente deixa na rede pegadas das súas lembranzas, vivencias e tradicións vencelladas á zona.   
  
  A secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, participou este martes na entrega dos premios, felicitando a innovación e o traballo colectivo dos proxectos premiados. Malia a polémica xurdida en tempo recente sobre o futuro ou non da rede de centros dinamizadores, a secretaria xeral gabou neste caso o traballo destes espazos. "Están facendo un importante labor de inclusión dixital de moita poboación", admitiu Pereira.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto