 
 
Impulsada polo presidente da Asociación do Pobo Xitano, ten o reto de "unir o seu pobo" para se faceren "moito máis fortes" nas súas demandas.
 
											Sinaí Giménez
O presidente da Asociación do Pobo Xitano de Galiza e delegado da Unión Romaní Española, Sinaí Giménez, impulsa e prevé culminar nos próximos meses unha "grande federación" de asociacións xitanas, patriarcas xitanos e líderes dos movementos sociais "máis importantes de Galiza". 
  Segundo informou, a través dun comunicado, esta federación aspira a representar "o 100%" dos xitanos que viven no país, e márcase o reto de "unir o seu pobo" para se faceren "moito máis fortes" nas súas demandas a nivel nacional e estatal. 
  
Entre os obxectivos a cumprir, os voceiros do colectivo piden que Galiza "conte" nas reparticións de fondos estatais para a integración sociolaboral real do pobo xitano e nos proxectos de mellora de vida dos cidadáns. 
  
"Maior poder de convocatoria"
O acordo para desenvolver este proxecto pechouse esta semana e o propio Giménez asegurou contar "co apoio incondicional" da Unión Romaní Española e cos presidentes doutros movementos implicados para presidir a nova federación, que terá un poder de convocatoria "moito maior" da que ten a Asociación do Pobo Xitano.
Entrevistas:
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto