 
 
O Pontífice apúntase á fin á visita a Compostela en ano Xacobeo, segundo anunciou este mércores o arcebispado.
Á galería de estrelas musicais (Mark Knopfler, Elvis Costello, Joan Baez...) ou do deporte (Rafa Nadal, Iker Casillas) que o programa deste Xacobeo 2010 propón ao longo do ano, súmase agora outra cita que a bo seguro tamén será capaz de arrastrar masas cara a Galiza. Será o 6 de novembro en Santiago de Compostela e o protagonista será Bieito XVI.   
  
  Malia que na recente visita do presidente da Xunta ao Vaticano se sinalara a vontade do Pontífice de viaxar a Galiza, desde o Goberno apuntaban como máis probábel que esa viaxe se producira no vindeiro 2011. Pero finalmente, o Arcebispado de Santiago de Compostela confirma este mércores, por boca do arcebispo Xulián Barrio, que Bieito XVI estará en Galiza este mesmo ano. "Como peregrino da fe", segundo a comunicación oficial vaticana, o Papa estará en Galiza no outono, descartándose así que a visita coincida coa Xornada Mundial da Mocidade que a Igrexa Católica celebrará en agosto.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto