 
Irlanda prepárase para acoller unha gran carreira pola lingua que durará unha semana e servirá para reivindicar a lingua autóctona.
 
											Percorrido da 'Rith'
Unha marcha entre Belfast e Galway servirá para que por Irlanda corra o orgullo e reivindicación da lingua propia. Denominado 'Rith' (carreira en gaélico) o evento coincide coa Semana da Lingua Irlandesa, que se celebra por múltiples cidades e vilas de toda a illa.
O recorrido desta primeira marcha é ben simbólico. A 'Rith' comeza o día 10 na capital de Irlanda do Norte e, logo de pasar por Dublín, remata o día 17 (festividade de San Patricio) en Galway. As doazóns que se logren nesta semana de actividades serán destinadas a proxectos que promovan a normalización da lingua propia de Irlanda.A intención dos organizadores é converter esta cita en bianual.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto