 
O propio goberno australiano presentou o proxecto cualificándoo como "un dos avances médicos máis importantes desta xeración".
O chamado "ollo biónico" conta cunha microcámara que, localizada sobre unha lente, fai captura das imaxes e envíaas a un procesador. Á súa vez, este trebello envía sinal a un dispositivo dentro da retina da persoa que estimula neuronas vivas que comunican as imaxes ao cerebro.   
  
  En síntese, así funciona o sistema presentado este mesmo martes en Australia e cualificado polo propio primeiro ministro australiano, Kevin Rudd, como un dos avances médicos recentes máis importantes e no que se investiron 35 millóns de euros. Está especialmente deseñado para pacientes que sofren a perda de visión hereditaria coñecida como retinitis pigmentosa.   
  
  Para ampliar: 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto