 
 
O 14 de abril, coincidindo co aniversario da proclamación da II República, aparecía unha nova aplicación descargábel para os dispositivos de Apple.
O pasado 14 de abril, coincidindo co aniversario da proclamacións da II República, aparecía iFranco, unha aplicación para iPhone, iPod Touch e iPad que se pode adquirir na AppStore na categoría "Estilo de vida" ou "Libros", informa a prensa madrileña.   
  
Por 79 céntimos de euro pódense descargar máis de 20 megas con información sobre o ditador español, discursos en fragmentos de audio e mesmo un mapa para chegar ao Valle de los Caídos.   A descrición da aplicación -dispoñíbel para maiores de catro anos- informa: "iFranco. Versión 1.0. iFranco recompila información relacionada cunha etapa e época especial que viviu España".
Unha situación similar aconteceu coa aplicación iMussolini, unha das máis descargadas en Italia e que Apple acabou por retirar. En Facebook creouse un grupo onde os usuarios piden que se prohiba este tipo de aplicacións sobre ditadores, sobre todo para menores de idade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto