 
 
As fotografías captadas polo Observatorio de Dinámicas Solares teñen unha resolución dez veces mellor que a das televisións de alta definición.
 
											O Observatorio de Dinámicas Solares (SDO), un novo telescopio que lanzou a NASA o pasado mes de febreiro, acaba de enviar as súas primeiras imaxes. Nelas podemos apreciar as erupcións de materia que saen das manchas solares, detalles da superficie da estrela e primeiros planos da súa actividade. Ademais, tamén podemos observar as primeiras medicións de alta resolución das erupcións solares nunha ampla gama de lonxitudes de onda ultravioleta.
Os expertos apuntan a que esta nova ferramenta abrirá unha capacidade sen precedentes para comprender mellor os procesos dinámicos do sol e que a misión terá un grande impacto na ciencia, similar ao do telescopio espacial Hubble na astrofísica. Nunha misión de cinco anos, o Observatorio estudará o campo magnético do sol e tamén proporcionará unha mellor comprensión do papel que xoga na química atmosférica da Terra e do clima.
 
						 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto