 
 
Logo de oito anos na oposición o Fidesz chimpa aos 263 escanos nunha Cámara de 386 asentos, mentres os socialistas afunden na preferencia do electorado.
 
											Viktor Orban / Imaxe: Wikipedia
Viktor Orban, quen xa fora primeiro ministro en Hungría entre os anos 1998 e 2002, será outra vez home forte da política no seu país logo da segunda volta das eleccións lexislativas este domingo. Un xiro á dereita no país que as enquisas xa agoiraban e que confirma o desgaste e afundimento do actual goberno socialista no medio da conxuntura de crise económica con elevadas taxas de desemprego e pobreza.   
  
  Á fronte do Fidesz, Orban ampliou a vitoria xa abrollada hai dúas semanas na primeira quenda de votacións, confirmando o regreso ao poder dos conservadores despois de oito anos na oposición. A elección deste domingo devolvía ás urnas os votantes de 57 das 176 circunscricións onde ningún candidato obtivera a maioría absoluta o pasado 11 de abril. Finalmente, o partido de Orban rabuña  263 escanos nunha Cámara de 386 asentos, abondo para, entre outros, acometer unha proxectada reforma da Constitución sen necesidade de pactos.   
  
  Para ampliar:   
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto