 
A produtora do cineasta inglés, Sixteen Films, xestionou unha canle no portal de vídeos que xa conta con algúns dos seus títulos máis famosos.
 
											O cineasta inglés Ken Loach
O cineasta inglés Ken Loach chegou a un acordo co portal de vídeos YouTube para pendurar a súa filmografía e que os usuarios a poidann ver de balde. Sixteen Films, a súa produtora, xestionou a canle KenLoachFilms onde xa se inclúen algúns dos títulos máis famosos.
  O repaso pola súa filmografía parte de clásicos como Cathy Come Home -un docudrama de 1966 que retrata unha parella de mozas loitando contra a pobreza, o desemprego e a falta de vivenda- ou Kes (1970), elixida como a sétima mellor película británica.
  Tamén se inclúen polo momento (cada semana haberá unha nova incorporación): Ae Fond Kiss (2004), 'Premio do Xurado' no Festival de Cine de Berlín; Hidden Agenda (1990), thriller político que gañou o 'Premio do Xurado' en Cannes; ou Riff Raff (1991), gañadora do mesmo premio e que reflicte a realidade da clase obreira no seu país.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto