 
O presidente da Comisión Breizh-Galiza ofrece esta cuarta feira unha conferencia sobre o intelectual mindoniense na localidade bretoa de Gwened.
 
											Álvaro Cunqueiro ou le regard d'un Galicien sur notre culture traditionnelle bretonne ("Álvaro Cunqueiro ou a ollada dun galego sobre a nosa cultura tradicional bretoa") é o título da conferencia que esta cuarta feira ofrecerá en Gwened (Vannes, en francés) o presidente do Comité Breizh-Galiza, Peter Joubin, informa a Agence Bretagne Presse. 
  
No marco da tradicional festa bretoa Gouel-Erwan e poucos días despois de regresar dunha viaxe de estudo ao noso país xunto con outros membros do Comité e do Instituto Cultural da Bretaña, Joubin disertará sobre as ligazóns que unen o intelectual mindoniense con terras bretoas. 
  Cómpre lembrar que o Comité -asociación que procura profundar nas relacións e o coñecemento mutuo entre as dúas nacións atlánticas- traballa na publicación das notas da viaxe que Cunqueiro realizou á Bretaña en 1964 acompañado do gaiteiro Polig Monjarret. Ao respecto, poden consultar a web que están a elaborar.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto