 
 
Antón Bao, no entanto, asegurou que mentres "estean aí", a formación frontista estará presente "exercendo responsabilidades de goberno".
 
											O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, mostrouse a favor da supresión dos entes provinciais, atendendo a unha "reivindicación histórica" do BNG, que levará ao próximo pleno do Parlamento unha proposición de lei en que pedirán "dar o primeiro paso" no "camiño de suprimir as diputaciones provinciais".
  Antón Bao, en declaracións aos medios esta cuarta feira, indicou ao respecto que a formación frontista avogou "sempre e agora con maior motivo, dada a crise económica e as necesidades de recortar gastos, por unha nova estrutura administrativa máis eficaz".
  Bao considerou que cómpre "unha comarcalización dos servizos" de maneira que habería "máis eficacia" na súa prestación aos concellos, e recordou que o BNG reclama ademais suprimir a división administrativa en provincias e restituír as comarcas, tal e como fixo hai pouco Cataluña.
  No entanto, asegurou que mentres as deputacións "estean aí", o BNG estará presente nesas administracións provinciais "exercendo responsabilidades de goberno, en tanto non se tome esa decisión, que sería o normal e máis nos tempo que corren", concluíu.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto