 
Xa son 12 os temas que concorren ao concurso organizado por Vieiros para atopar a canción do verán galega.
 
											El Puto Coke preséntase a esta edición do A Polo Ghit cun tema, G-g-A-a-L-EGO, que defende o uso dunha lingua,  que, como dicía Afonso X O Sabio, era perfecta para a poesía e a música. Para este tema conta coa produción de Bleis e a colaboración de Anxo Lorenzo, o recoñecidísimo  gaiteiro que aparece por cortesía de Zouma Records, ademais das  achegas de Wöyza e Dj. Fabián.
O tema forma parte do novo maxi do MC,  onde tamén figura o tema Irmán, e que se pode descargar dende Licorkafe.com, e que supón a agardada volta do artista ao panorama sonoro e, de paso, tamén supón a súa estrea no A Polo Ghit.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto