 
 
O inventor do fútbol de mesa recibirá o recoñecemento dos seus veciños cun torneo popular que reivindica a súa figura.
 
											Promocionar e homenaxear á figura de Alexandre de Fisterra, o inventor do futbolín. Este é o obxectivo dunha iniciativa que este sábado bota a andar na súa vila natal: o Primeiro Campionato Popular de Futbolín Alexandre de Fisterra.
A organización corre a cargo da “Plataforma Fisterra, único fin do camiño”, que quere rememorar a este ilustre persoeiro, “loitador incansábel pola liberdade nos tempos do franquismo, poeta, editor no exilio e inventor do futbolín”, entre outros moitos méritos. Este colectivo entende que a figura de Alexandre Campos Ramírez (Fisterra, 1919-Zamora,2007) “non pode ficar no esquecemento” e que “é preciso lembralo e adicarlle esta homenaxe na vila que o viu nacer”.
Como mellor xeito de renderlle tributo escolleron un campionato do invento polo que foi universalmente coñecido: o do futbolín. O torneo, ademais, ten vocación de continuidade e agardan que se converta nunha cita fixa no calendario. Será este sábado, na praza da Constitución de Fisterra, onde desemboca a rúa adicada a Alexandre Fisterra, a partires das catro da tarde. Para a ocasión, deseñáronse tres categorías (infantil, xuvenil e adultos) que recibirán premios dotados polos comercios da comarca.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto