 
O grupo musical dinamiza o seu facebook fomentando a creatividade literaria entre os seus seareiros.
O coñecido grupo musical Berrogüetto vén de lanzar un concurso para dinamizar o seu Facebook, que xa conta con máis de seis mil seareiros. A proposta é un concurso literario co gallo do seu último traballo discográfico 'Kosmogonías'. 
O prazo para participar está aberto até o vindeiro 15 de xuño. Os usuarios da rede social poderán enviar nanocontos (cun máximo de cen palabras) que teñan o kosmos como tema central. O gañador ou gañadores asistirán de balde ao último concerto da xira (Ourense, 22 de xuño) e recibirán un disco asinado por todos os compoñentes da banda.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto