 
Por decisión unánime da asemblea de socios da AELG a homenaxe A Escritora na súa Terra será para a autora. Os actos, este sábado en Compostela.
 
											A escritora Marilar Aleixandre
A homenaxe A Escritora na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, chega este ano a súa XVI edición. Por decisión unánime da súa asemblea de socios e socias, recaeu na figura de Marilar Aleixandre, que será homenaxeada este sábado en Compostela. 
  Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da AELG. A terra de orixe do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental nesta cita cultural, cunha celebración múltiple e popular onde se recoñece a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras 
  
Durante o día organízanse diversos actos simbólicos: a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica asinada por un recoñecido artista galego), a plantación dunha árbore simbólica (elixida polo propio autor, e que neste caso é un abruñeiro), a colocación dun monolito conmemorativo ou a inauguración dun espazo público co nome do homenaxeado ou cun nome elixido polo homenaxeado. 
  
  Programa de actos 
  
Sábado, 5 de xuño de 2010 
  11.45 horas 
Parque Avda. de Barcelona 
Santiago de Compostela 
Plantación dun abruñeiro (árbore simbólica da escritora) e descubrimento do Monólito conmemorativo. 
Descubrimento da placa que atribúe o nome da homenaxeada ao parque.   
Interveñen: 
  Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG   
Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG 
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela 
Marilar Aleixandre 
  
13.00 horas 
Salón Nobre do Pazo de Raxoi 
Santiago de Compostela 
Acto de entrega da “Letra E” 
Interveñen: 
  Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG 
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG 
Ana Romaní: Laudatio 
Entrega da peza escultórica do artista Silverio Rivas 
Intervención da homenaxeada: Marilar Aleixandre 
  
14.30 horas 
Hotel-Restaurante “Palacio del Carmen” 
Rúa das Oblatas s/n, Santiago de Compostela 
Xantar de confraternidade aberto aos/ás socios/as da AELG, á veciñanza de Santiago de Compostela e demais persoas interesadas. 
  
  Anteriores galardoados
 
  I Edición . 1995 . Boa, Taramancos 
Antón Avilés de Taramancos 
II Edición . 1996 . Cangas do Morrazo 
Benardino Graña 
III Edición . 1997 . Outeiro de Rei 
Manuel María 
IV Edición . 1998 . Vigo 
María Xosé Queizán 
V Edición . 1999 . Gres, Vila de Cruces 
Xosé Neira Vilas 
VI Edición . 2000 . Parada do Courel 
Uxío Novoneyra (póstumo) 
VII Edición . 2001 . Ribadeo 
Luz Pozo Garza 
VIII Edición . 2002 . Vilalba 
Xosé Chao Rego 
IX Edición . 2003 . Nogueira de Ramuín 
Xosé Fernández Ferreiro 
X Edición . 2004 . Teis, Vigo 
Salvador García-Bodaño 
XI Edición . 2005 . Ourense 
Pura e Dora Vázquez 
XII Edición . 2006 . Vigo 
María do Carme Kruckenberg 
XIII Edición . 2007 . O Valadouro 
Manuel Lourenzo 
XIV Edición. 2008 . Melide 
Xosé Vázquez Pintor 
XV Edición. 2009 . Vilalba 
Agustín Fernández Paz
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto