 
A peza composta por 'Piticas' para 'O tren da unha show' imponse na quenda de votacións da pasada semana.
 
											O tren da unha show
O tren da unha show naceu en Laxe no entroido do 2009 co único fin de pasalo ben e non levar un gholpe. Formado por expertos sumilleres tabernícolas e recoñecidos larpeiros (que non "papeiros"), gustan de xuntarse e de cando en vez botarlle unhas parrandadas.
Eles son: Xosé Manuel Toja "Piticas": Voz solista e guitarra; Jesús Mari Pose: coros e percusión; Tom Bello: batería e percusión; Víctor García: baixo e coros; Javier Cundíns: teclados.   
  
  Logo de que a pasada semana triunfase 'A Quimbumbia' dos Ulträqäns, a peza 'A marajota', de O tren da unha show, convértese no ghit destacado na apertura do mes de xuño. Moi perto nas votacións desta semana aparece a 'Tola atrás de ti', estrea en A Polo Ghit de Sés, o grupo de María Xosé Silvar.   
  
  O top 5 saído das vosas votacións da última semana queda do xeito seguinte: 
  
  1.A marajota, de O tren da unha show 
  2.Tola atrás de ti, de Sés 
  3.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso 
  4.Quimbumbia, de Ulträqans 
  5.O mundo cai, de A Voleo   
  
  Os marcadores póñense a cero outra vez na procura do ghit máis popular da semana que entra. Esperamos os vosos votos! 
  
E seguimos agardando pezas. Velaquí as bases de A Polo Ghit 2010.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto