 
 
Recoñece que non tomara en conta que o alcalde de Salamanca retirara a demanda e solicitara a absolución do actor logo do seu falecemento.
 
											O finado Pepe Rubianes
O Tribunal Supremo acordou a nulidade da súa sentenza do pasado 4 de xuño, pola que condenaba o actor galego Pepe Rubianes, morto en marzo de 2009, por vulnerar o dereito á honra do alcalde de Salamanca, Julián Lanzarote (PP), e absolveuno de todas as peticións formuladas contra el, segundo informou o Alto Tribunal. 
  O Supremo adoptou a decisión de anular a sentenza que desestimou o recurso de casación que no seu día interpuxo o actor, "que fica sen valor ningún", logo de "advertir a circunstancia" de "non resolver" a petición que fixo o demandante, o alcalde de Salamanca, de renuncia á demanda e solicitude de absolución do actor logo do falecemento deste.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto