 
 
O profesor deixa a un lado os seus traballos sobre xeopolítica para achegar unha visión persoal do autor portugués.
 
											Carlos Taibo
O profesor Carlos Taibo é un autor ben coñecido en Galiza e fóra do noso país. Mais case sempre se acode a el como experto en xeopolítica. Mais, á marxe da súa vida máis profesional, é profesor de Políticas na Universidade Autónoma de Madrid, Taibo tamén é un apaixoado lector de literatura. Só así pode explicarse o seu último libro "Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa", unha obra composta por varios ensaios sobre o gran autor portugués.
A editorial Através (dependente da Agal) estrea así a súa colección 'Das ideias'. Dende esta casa subliñan que o libro foxe da crítica literaria e busca unha achega ao lado máis humano do poeta luso.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto