 
A ritmo de Quimbumbia, Tola atrás de ti e A Marajota, repártese o podio dos ghits dos últimos sete días.
 
											No máis alto do podio semanal destácase unha vez máis a Quimbumbia dos Ulträqäns, un tema feito por encargo para a promoción do xogo da billarda que prende forte entre os seareiros internautas. Un chisco por baixo e compartindo o segundo chanzo, en rigoroso empate, aparece 'A Marajota', e 'Tola atrás de ti', respectivamente, a proposta dos sumilleres tabernícolas de O tren da unha e o 'atrevemento fresco' de Ses. O top 5 complétano Pito de Pikasso, Paris Joel e, apenas chegados pero subindo como un foguete, os Skandalo GZ.   
  
  
  1.Quimbumbia, de Ulträqäns 
  2.Tola atrás de ti, de Ses 
  2.A Marajota, de O tren da Unha show 
  3.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso 
  4.Máis Non, de Paris Joel 
  5.Caña, caña e caña, de Skandalo GZ 
  
  
  Os marcadores volven a cero a primeira hora deste luns e iniciamos unha nova procura dos éxitos semanais. Ademais, en breve, máis ghits saídos do forno musical en A Polo Ghit 2010.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto