 
Así se titula o ghit deste sábado, cortesía do californiano Zan Hoffman co seu proxecto Bodycocktail.
 
											"Inspired by modern and historic Galego language prosecution I was inspired to write this Galego language anthem". Así nos conta na súa lingua nativa o californiano Zan Hoffman (Bodycocktail) como "inspirado polo actual e histórico acoso á lingua galega" escribiu este "himno ao idioma".   
  Na rede poden saber máis de Zan Hoffman, músico estadounidense que leva un feixe de anos viaxando por todo o mundo e experimentando e colaborando con artistas de todo o mundo. Unha peregrinación que desta volta o trae a terras galegas e que nos dá a oportunidade de recibir este agasallo en A Polo Ghit.   
  Velaí Bodycocktail starring Skjit-Lars coa peza Viva O Galego (radio version) 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto