 
Empate nas preferencias internautas dos pasados sete días entre Kogito e O tren da unha. Mira a nosa lista mentres entramos no treito final para a recepción de pezas!
 
											O tren da unha show
Até o venres 25 de xuño, á volta do San Xoán, aínda permanece aberto o prazo para a recepción de pezas a concurso. Mentres, contámosvos da votación os últimos sete días, que debuxa as preferencias dos internautas na semana previa á entrada do verán. Na cima da lista, en rigoroso empate, aparecen A marajota, gañadora xa en semanas anteriores, a quen desta volta lle disputa o podio o tema achegado por Kogito. Por baixo deles, outras dúas pezas que levan acumulado un feixe de afagos, os de Ses e Ulträqäns.   
  
  Velaí a nosa lista da última semana segundo os votos outorgados por todos vós: 
  
  1.Moza, de Kogito 
  1.A marajota, de O tren da unha show 
  2.Tola atrás de ti, de Ses 
  3.Quimbumbia, dos Ulträqäns 
  4.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso 
  5.Caña, caña e caña, de Skandalo GZ 
  6.Máis non, de Paris Joel 
  7.Dagon, de Shit Pony 
  8.Viva o galego, de Zan Hoffman 
  9.Reacción, de Labazada 
  10.Ana de Palacio, de Metralletas Lecheras 
  
  
  
  Todo isto e máis en A Polo Ghit 2010.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto