 
Carrero Bianco están xa en concurso desde comezos de mes. Agora achegámosvos o seu videoclip da peza 'Árdeme o eixe'. Vídeo no interior.
 
											Ardeme o eixe: Canción rural-porno-espacial de toques tecnofuturistas, dende Xil Ríos ao espacio interestelar, que trata de quenturas insatisfeitas e sentimentos encontrados. Aventuras sexuais moceando dende o palleiro e lanzada ao espacio exterior. Sempre é a mesma historia, dende o rural profundo ata o recuncho mais afastado da Galaxia". 
Un cuarteto este, Carrero Bianco, que xunta unha "irresistíbel" electro-tamborileira, cun membro fundador dos 'Triángulo de amor bizarro' e un "neno prodixio" que liderou os 'Bonitos del norte' a finais dos oitenta. Carrero Bianco son: Rocío Bianco (batería electrónica e voces), Blas Bianco (baixo e voces), Joaquín Bianco (guitarra, microkorg, voces), Agostinho Bianco (teclados varios e microkorg).
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto