"En todo grupo hai unha amiga guapa mais agora... é quenda da amiga fea! A Amiga Fea son Amiga E e Amiga V". Así se presentan A Amiga Fea. Chegada á nosa caixa de correo a pasada semana antes de pechar o prazo de recepción de ghits, esta canción "fala da historia de sempre: moza coñece guiri en Mallorca, namórase, vólvese tola e marcha vivir con el. Pero cando veñen de vacacións a Galicia, ¡non todo é como el esperaba!".
  
 
Letra: 
Amorío no Estío 
  Fíxome as beiras o verán pasado en   Mallorca
  un guiri ben parecido, alto e fornido  
  púxenme tola e agora vivo entre vikingos 
  Mais meu neno, toca visita á miña terra     
  Terra de bruxas, sapos e curuxas   
  Santa Compaña, perigo na encrucillada 
  colle e sulfata, ata e poda que non mata 
  agarra os machos que aínda has de muxi-la vaca 
  O meu coitado devecía por praia e festa   
  e no seu canto topou sacho e feixes de herba 
  vellas que espreitan polas fiestras, di ¡que lle molestan! 
  Mais miña xoia, quen ten cu ten medo   
  Caldo con verzas, grelos e cereixas   
  vai buscar leña que hai que prende-la lareira 
  cara queimada, calcetín e sandalia 
  con esa pinta non vas levar mariscada 
  Ana Kiro e Pili Pampín na portada dun magacín   
  Rosalía e Castelao falan e falan e non dan calado 
  Mari Castaña e Pedro Madruga a eses dous nin dios os axuda 
  Atilano e Xabarín xa podedes liscar de aquí 
  Terra de bruxas, sapos e curuxas   
  Santa Compaña, perigo na encrucillada 
  colle e sulfata, ata e poda que non mata 
  agarra os machos que aínda has de muxi-la vaca
Máis en 
A Polo Ghit 2010