 
		O primeiro ministro, Alex Salmond, publicou este luns un documento sobre o futuro constitucional do país. O 75% da cidadanía quere un referendo sobre a independencia.
 
		"Mentres que os limites impostos sobre o que podemos e non podemos conseguir permanezan, nunca alcanzaremos o noso potencial absoluto", sinalou Salmond.
 
		Danlle unha vantaxe de 14 puntos sobre os laboristas en intención de voto, o que se traduciría en dez deputados máis.
 
		O ministro principal escocés basea a súa seguridade no sentimento nacional dos seus compatriotas. Ademais, considera que os países pequenos funcionan mellor.
Segundo anunciou o primeiro ministro, en dez anos, a nación celta poderá fixar os seus impostos e reclamar a maior parte das reservas petrolíferas do mar do Norte.
 
		Alex Salmond presenta a campaña gobernamental A National conversation begins para darlle a coñecer o seu plan de secesión á sociedade escocesa.
 
		Segundo unha enquisa do Daily Mail, o 31% da poboación votaría a favor da creación dun estado soberano.
 
		O líder do SNP conseguiu 49 votos para a súa designación, entres estes os dos deputados 'verdes'. Os liberal demócratas e os conservadores abstivéronse.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto