A entidade recibe este galardón pola defensa do uso da lingua no ensino e pola súa vixilancia do cumprimento da lexislación lingüística.
A Asociación Cultural Altofalante ven de facer pública a súa oposición a calquera tipo de contrución industrial tanto no cabo Corrubedo coma na Laxe Brava -ou O Corgo- e esixe que fiquen preservados para as xeracións vindeiras os valores naturais do cabo e os usos agrogandeiros tradicionais na parroquia de Corrubedo. Pola súa parte o BNG de Ribeira apoia tamén a conservación do litoral da antedita  parroquia, pois é o único virxe do Concello de Ribeira. A franxa litoral do  Corgo está incluída na rede Natura 2000 e o plan da Xunta prevé que a futura  planta acuícola linde coa zona e realice vertidos no mar, co perigo que isto  suporá para os cantís de percebe, os baixos explotados pola pesca artesanal e os  areais de Corrubedo (Balieiros e As Barreiras) e Espiñeirido. Ademais, para o BNG é desproporcionada a reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados) e obrigará á expropiación de numerosas leiras que aínda se  cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona. Son dous novos apoios á campaña emprendida pola Plataforma Ambiental de Corrubedo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto