Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: psdeg

18/Xullo/2010 /

Pachi Vázquez acusa a Feijoo de "alta traizón a Galiza" no tema estatutario

O líder do PSdeG reclámalle ao PPdeG "menos soflamas publicitarias" e "máis compromiso real" con Galiza.


8/Xullo/2010 /

Na procura do Estatuto, "nin un minuto máis de espera"

Os socialistas reclámanlle ao PP "exame de conciencia" e "acto de contrición" polos atrancos a unha reforma "clave" para Galiza.


A TVG, "en caída libre"
4/Xullo/2010 /

A TVG, "en caída libre"

O PSdeG atribúe a perda de telespectadores e de cota de audiencia da canle pública á "manipulación e censura sen precedentes" do actual Goberno.


"Nazón" de PSdeG
3/Xullo/2010 /

"Nazón" de PSdeG

O PSdeG presenta o seu documento base para reformar o Estatuto de Autonomía, onde recupera a fórmula 'Nazón de Breogán' defendida por Touriño en 2007.


30/Xuño/2010 /

O novo hospital de Lugo, até o de agora só publicidade

Os socialistas denuncian que o deseño e prazos do que será o último centro hospitalario con financiamento totalmente público seguen sen concretarse.


Feijoo: "A única nación que hai en España é España"
29/Xuño/2010 /

Feijoo: "A única nación que hai en España é España"

O presidente da Xunta di que planea esta lexislatura unha reforma "constitucional" do Estatuto. O PSdeG evita falar do termo nación e o BNG di que o TC non o rexeita.


15/Xuño/2010 /

PSdeG: Búscase extintor para apagar incendio na Coruña

Os partidarios de Fernández Moreda presionan a 'Pachi' Vázquez para que rebaixe a Lage Tuñas. As cambadelas logo da batalla polo control provincial continúan.


12/Xuño/2010 /

"Ocúpate de protexer e defender o galego; do castelán xa se encarga o goberno español"

Na Conferencia Política socialista, o ministro de Xustiza avogou por un Estado federal e por “non mesturar competencias” e lembrou que a Xunta tamén ten que dar unha resposta á crise.


12/Xuño/2010 /

Os socialistas poñen ao día o seu ideario político

O documento marco de debate recolle temas como a resposta galega á crise, mais tamén cuestións indetitarias e lingüísticas.


11/Xuño/2010 /

O PSdeG desbota apoiar unha moción de censura en Ribadeo

Nun comunicado, informa de que o edil do que se especulaba que podería dar o seu apoio ao PPdeG, Ramón López, manterá a posición oficial dos socialistas.


29/Maio/2010 /

O PSdeG di que os populares 'presentan os perdedores das últimas eleccións'

Manuel Vázquez acusou ao PPdeG de “non ter recambios” nin “banquiño” e vaticinoulles unha nova derrota nas grandes cidades.


13/Maio/2010 /

O PSdeG asegura que as deputacións e concellos que goberna serán as primeiras en recortar gasto

Os socialistas tamén lle propoñen á Xunta suprimir os 'superdelegados', advertindo de que son "un fiasco" que custa 2 millóns adicionais.


13/Maio/2010 /

"Plenamente apoiado" síntese Xesús Vázquez para aprobar o decreto

O conselleiro de Educación asegura que se aprobará "en próximos días".


13/Maio/2010 /

Alcaldes socialistas denuncian discriminación por parte da Xunta

Piden un reparto dos orzamentos “máis xusto e equitativo” e consideran “inadmisíbel” que se distribúan atendendo a “criterios políticos e partidistas”.


12/Maio/2010 /

O PSdeG felicita o "exercicio de responsabilidade a prol da estabilidade do euro"

Para a portavoz dos socialistas galegos no Congreso trátase de medidas "excepcionais" e "equitativas" que "reparten con xustiza o necesario esforzo colectivo".


12/Maio/2010 /

No primeiro ano de Feijoo pecharon 1.046 explotacións gandeiras

Os socialistas acusan o Goberno de “promover o abandono e os recortes de inversións” en materia agraria.


O galego, 'esquecido' tamén no plan da Xunta para as bibliotecas escolares. Na imaxe, Xesús Vázquez, este martes no Hórreo
12/Maio/2010 /

O galego, 'esquecido' tamén no plan da Xunta para as bibliotecas escolares

PSdeG e BNG cualifican o proxecto presentado por Educación de "xenérico", e cuestionaron o orzamento previsto para o seu desenvolvemento.


11/Maio/2010 /

A austeridade frea a axuda a rehabilitación e prevención de drogodependentes

Os socialistas din que a "neglixencia" da Xunta deixa sen asistencia nesta área a máis de 18 mil persoas e a súas familias.


7/Maio/2010 /

Os informes contrarios ao decreto "foron parar á trituradora", segundo o PSdeG

O grupo socialista pediralle explicacións ao conselleiro de Educación sobre a súa negativa a chegar a posturas de consenso sobre o texto.


Rueda e as "vellas prácticas de Fraga"
28/Abril/2010 /

Rueda e as "vellas prácticas de Fraga"

O BNG exixe as facturas da viaxe do conselleiro de Presidencia a Venezuela e o PSdeG, explicacións sobre o uso de logotipos da Xunta por parte do PPdeG.