Nº24  Abril 2008
  Contacto
	
	
 A emigración galega a América é un dos fenómenos de meirande transcendencia na nosa historia recente. Unha parte substancial do noso presente está marcada por este feito, que ten influído decisivamente en aspectos tan relevantes como a economía, a demografía, a política ou a cultura na transformación dun país que, aínda nos albores do século XX, arrastraba as rémoras do Antigo Réxime.
 A emigración galega a América é un dos fenómenos de meirande transcendencia na nosa historia recente. Unha parte substancial do noso presente está marcada por este feito, que ten influído decisivamente en aspectos tan relevantes como a economía, a demografía, a política ou a cultura na transformación dun país que, aínda nos albores do século XX, arrastraba as rémoras do Antigo Réxime.	No plano máis inmediato, as remesas monetarias enviadas polos milleiros de galegos e galegas que durante máis de dous séculos embarcaron rumbo a América, serviron para atenuar as necesidades máis urxentes do contorno rural. Ditas remesas foron canalizadas, na súa meirande parte, a través de sociedades de emigrantes. E dese xeito, grazas aos pesos gañados de sol a sol na chacra arxentina, na zafra cubana ou no cafetal paulino; grazas ás xornadas baixo o sol abafante nas obras do ferrocarril, nas estibas do porto habaneiro ou nos escuros boliches porteños durante sete días á semana, poidéronse saldar débedas, redimir foros, afrontar a compra de propiedades e introducir innovacións técnicas e organizativas nas explotacións rurais. Pero tamén, nun plano máis xenérico, a liquidez monetaria chegada de América contribuíu ao despegue da industria metalúrxica, conserveira ou da construción naval. 
Así mesmo, os cartos americanos axudaron a crear unha tupida rede bancaria, e revitalizaron o comercio marítimo e as comunicacións co continente americano, ademais de iniciar un interesante proceso de escolarización que incidiu, sobre todo, na mellora das condicións educativas das clases populares rurais e mariñeiras de Galicia desde comezos do século XX ata o inicio da guerra civil, grazas ás chamadas Sociedades de Instrución.
  
 
   	Deste xeito, durante as tres primeiras décadas do século XX, moitos pobos e vilas galegos comezaron a contar con espazos educativos adecuados ―tanto no que se refire á súa concepción arquitectónica como á dotación de medios materiais e humanos― nos que a poboación infantil en idade escolar, e tamén a adulta analfabeta, puido formarse ao abeiro de correntes pedagóxicas progresistas e innovadoras, a unha distancia considerable das vellas e destartaladas escolas rurais e os seus rudimentos instrumentais.
 
  Unha 	das 	consecuencias positivas de aquel fluxo migratorio, e das sociedades 	de emigrantes, foi a creación, durante todo ese tempo, de 	máis de 300 aulas de ensino. Esas 	aulas abranguían o ensino primario, secundario e tamén 	profesional, e estaban diseminadas pola xeografía galega.
 Unha 	das 	consecuencias positivas de aquel fluxo migratorio, e das sociedades 	de emigrantes, foi a creación, durante todo ese tempo, de 	máis de 300 aulas de ensino. Esas 	aulas abranguían o ensino primario, secundario e tamén 	profesional, e estaban diseminadas pola xeografía galega. malia 	todo, tamén existiron 	posicións receptivas a algún grao de galeguización 	lingüística e curricular do ensino, e foi así 	como se chegou incluso a realizar algunhas experiencias singulares, 	en particular no periodo da Segunda República
 malia 	todo, tamén existiron 	posicións receptivas a algún grao de galeguización 	lingüística e curricular do ensino, e foi así 	como se chegou incluso a realizar algunhas experiencias singulares, 	en particular no periodo da Segunda RepúblicaArquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega       
 Comunidade virtual galega no exterior      
 Enciclopedia da Emigración    
   Fundación Galicia Emigración    
     Galicia para el mundo    
   Galicia espallada    
   Revista dixital  Reevista dixital Migratio   
 Secretaría Xeral de Emigración    
Bibliografía