A xente quece motores para participar nos torneos de xogos, que se converten, asemade, en argumento dun relatorio accidentado.
Despois de xantar -de dúas a cinco e media, para que lles dea tempo aos 1.500 a pasar pola cafetaría- comezan as competicións de xogos, unha das actividades preferidas dos participantes no encontro. O primeiro relatorio vespertino é, ademais, sobre o mesmo tema: o novo concepto de xogo WAM-UP do mítico Navy Moves, que fai 20 anos.
Pero, a pesar da potente rede que rodea todo o Palacio de Congresos, o conferenciante, Manuel Moreno García, tivo algúns problemiñas coa conexión. O público agarda estoicamente. Xusto fóra, a Wii segue a causar furor.
 
						 
						 
						 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto