 
 
Os socialistas, que presentarán candidaturas nos 315 concellos do país, afrontan a recta final de cara ás municipais coa Deputación de Lugo como 'cabalo de batalla'.
O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, confirmou este martes que os socialistas presentarán candidaturas nos 315 concellos galegos, e avanzou que teñen "practicamente ultimada" a elaboración das listas no conxunto do país. 
En declaracións a Radio Lugo, Varela reivindicou que no caso concreto da provincia lucense trátase de "candidaturas moi renovadas", en máis dun 40%, e "moi pegadas aos municipios, con xente nova, con xente que coñece os problemas de cada concello". 
Ourense dáse por perdida 
O PSdeG aspira a gobernar en tres das catro deputacións; isto é, conservar a da Coruña e conquistar as de Pontevedra e Lugo; a de Ourense dáse por perdida. Os prognósticos sonlle favorábeis na primeira -sempre e cando se acade o decisivo voto da área metropolitana-, máis pesimistas na segunda -o factores 'Porro' e 'emigración' serán decisivos- e na última, aínda todo está por decidir. 
Esta situación levou a unha intensa actividade nos municipios lucense dos dirixentes socialistas, especialmente dos seus dous secretarios de Organización, o nacional, Ricardo Varela, e o estatal, Xosé Blanco, para recabar apoios en toda a provincia, incluso en forma de 'fichaxes' de concelleiros independentes. 
Ricardo Varela amosouse convencido de que o PSdeG "vai ter un respaldo amplo da poboación", se ben precisou que "non é amigo de facer quinielas" sobre o número de alcaldías que poden conseguir en Lugo, onde, na actualidade, ostentan un total de 14. Porén, precisou que o número de concelleiros aumentará nun 30%.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto