 
BNG e PSdeG confían en conseguir axiña un pacto de goberno.
O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Fernández Lores, situou nun "mes como moito" a marxe máxima para chegar a un pacto de gobernabilidade co PSOE, que lle garanta a maioría que non conta na actualidade. 
  
  "Antes dun mes hai que facer un pleno de organización e funcionamento, e é importante chegar a acordos", sinalou o alcalde tras precisar que en calquera caso "non depende solo dun senón dos dous". No mesmo sentido pronunciouse tamén a candidata socialista, Teresa Casal, quen precisou que, no que a ela respecta, demostrou dende o principio interese por chegar a un acordo e asegurou que o seguirá intentando pero "non a calquera prezo".   
  
  Tras constituír onte un goberno provisional en minoría, solo cos concelleiros do BNG, hoxe o alcalde realizou unha distribución de responsabilidades caracterizada polo mantemento das áreas que os concelleiros nacionalistas tiñan asignadas na anterior lexislatura. Deste xeito, a área de Urbanismo segue sendo responsabilidade de Cesar Mosquera, a concellaría que puido ser a maior causante da perda de votos do BNG, segundo recoñeceu o propio Fernández Lores a mesma noite electoral cando asegurou "tomar nota".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto