 
 
A Xustiza decidirá sobre o caso da inclusión de veciños sen o seu consentimento. O PSdeG considera a Rajoy e a Feijoo "cómplices de falsificación".
A atribución do acontecido a un simple erro, tal e como expresou o presidente do PP, Mariano Rajoy, esta fin de semana, é segundo o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, un exemplo de "desvergonza impropia dun dirixente político". Varela lembroulle a Rajoy que a falsificación de sinaturas para incluír veciños do Grove en listas do PP vasco é un feito dunha "extraordinaria gravidade, sen precedentes coñecidos na nosa historia democrática".   
  
  Por este motivo, e debido ao distanciamento dos presidentes do PP e PPdeG ao respecto, o voceiro do PSdeG cualificounos de "encubridores de delitos tipificados no Código Penal". Insiste Ricardo Varela en que os populares deben "depurar responsabilidades políticas" e esixe "dimisións". "Non pode volver producirse un escándalo coma este que deteriora a imaxe de Galiza", afirmou.   
  
  Durante a fin de semana, Mariano Rajoy referírase ao caso coma un "erro" do que dixo desexar que "non se volva producir". "Non é algo do que ninguén poida estar orgulloso, pero agardo que as cousas se resolvan o máis axiña posíbel", dixo Rajoy.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto