 
O militar indonesio gobernou o país dúas décadas dende 1975, tras unha brutal incursión militar, pouco despois de se proclamar a independencia timorense.
 
											José Ramos Horta, presidente de Timor-Leste
O presidente de Timor-Leste, José Ramos Horta, fixo esta cuarta feira un chamamento ao pobo para que perdoen ao ex ditador de Indonesia, Suharto, ingresado nun hospital dende hai dúas semanas, e preguen por el. 
  Suharto, que en decembro de 1975 -unha semana despois de que, tras a Revolução dos Cravos en Portugal, o goberno da Frente Revolucionaria de Timor-Leste (Fretilin), proclamase a república- invadiu militarmente o país,  está moi grave e permanece conectado a un respirador artificial. 
O seu mandato, deica 1998, estivo marcado por un rápido crecemento económico, mais tamén pola corrupción, polos abusos dos dereitos humanos e polas masacres. Precisamente, varios familiares do presidente timorense foron asasinados durante a ocupación indonesia. 
  
Énos imposíbel esquecer o pasado, mais Timor-Leste debería perdoalo antes de que morra; pídolle ao pobo que pregue por Suharto como ex presidente de Indonesia", sinalou Ramos Horta. 
Calcúlase que máis de 200.000 persoas -unha cuarta parte da poboación de Timor-Leste- morreron nas batallas, de fame e a causa das enfermidades durante a invasión e a ocupación indonesia.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto