Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INICIATIVA DO CONCELLO E OS HOSTALEIROS CORUÑESES

A lingua galega, produto de calidade

A campaña 'Sabor a Galego' impulsará o uso do idioma, á vez que promociona os produtos e pratos do país.

Redacción / EP - 17:40 28/01/2008

A iniciativa conta en principio co apoio de cen establecementos da cidade, aos que se irán unindo outros de xeito progresivo. Os hostaleiros poderán entregar no concello as súas cartas de menús para que se encarguen de presentalas en castelán, galego e inglés e en diferentes formatos "adaptados á necesidade de cada un deles".

O presidente da asociación de hostaleiros da Coruña, Héctor Cañete, manifestou que a súa idea de Galicia liga con "marca de calidade" e opinou que, nunha sociedade cada vez máis globalizada, "a lingua e a gastronomía son selos de identidade cultural" e "é necesario asocialas". "A ninguén se lle ocorre dicir pan con tomate, se non 'pan amb tomaquet', e o mesmo debe ocorrer co 'polbo á feira' para que ninguén diga polbo á feira", explicou e apuntou que "os produtos galegos son de máxima calidade e hai que vendelos como se merecen".

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, explicou que se pretende conseguir a idea de que "a mellor das cociñas é a da Coruña, e o mellor dos sabores o galego", ademais de promover o uso da lingua galega nas empresas de hostalería da cidade, para sinalar que "a calidade vai unida aos produtos, a hostalería e o uso do galego".


4,27/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: