 
 
Afirma que se tentarán compatibilizar o respecto ao medio e a creación de emprego, mentres contradí a Pesca, que asegurara que o texto xa estaba rematado.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou este xoves, despois do Consello de Goberno, que o Plan Acuícola non está pechado e que é unha "aposta histórica" do Executivo. Touriño asegurou que a intención do Goberno é reforzar o ambiente sen renunciar á creación de emprego.
Segundo o presidente, "a sociedade ten que ter confianza na aposta decidida do Goberno" a favor da conservación da Natureza, "pero tamén quere ter futuro en temas de emprego", polo que avogou por un "equilibrio" entre o desenvolvemento sustentábel e a creación de postos de traballo.
Con estas afirmacións, contradi o dito por Pesca, que afirma que xa se atenderon as demandas e alegacións "serias e razoábeis" que se presentaron contra o texto, do total de máis de mil.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto