 
 
Co pacto sen pechar co grupo Mixto, a maioría de deputados negoulle a confianza ao ex ministro José Bono na primeira quenda de votacións.
O perfil persoal e a imaxe política que José Bono construíu nos anos que estivo até o de agora en primeira liña da política non o facían o candidato máis axeitado para reunir o consenso do plural escenario de formacións políticas que xunta o Congreso. A teima do PSOE en manter a Bono como candidato levou á paradoxal sesión que este martes abriu a IX lexislatura. 
  
  Así, por primeira vez na historia do Congreso desde a transición, un candidato a presidir o Congreso non recibe o apoio do pleno en primeira volta e debe ir a unha segunda quenda, onde con maioría simple si conseguiu ser designado para o posto.
Os dous deputados do BNG optaron pola abstención para demostrar que seguen abertos á negociación pero que discrepan sobre a figura do novo presidente do Congreso, de quen dixeron que tiña unha tradición de "hostilidade" cara o nacionalismo. O voceiro da formación galega, Francisco Jorquera, subliñou que non están satisfeitos coas respostas que lle deu o PSOE á petición de que se subdivida o grupo mixto.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto