 
 
Josep Huguet (ERC) critica a "trampa" das transferencias recibidas sen financiamento e pide a supresión dos ministerios "residuais".
 
 
											"Unha forma de plantarse sería devolverlle competencias ao Estado", reflexionaba o conselleiro de Innovación e Empresa do goberno catalán este martes nunha entrevista con EFE que recollen varios medios. Segundo Huguet, "nós damos a cara pero os cartos non os está poñen quen os ten que poñer" no caso de transferencias competencias asumidas polas comunidades autónomas pero sobre as que o executivo español non garante o financiamento mínimo necesario.   
  
  Huguet xa se pronunciara nos últimos días ao respecto dos ministerios "residuais" que unha vez que as competencias están transferidas deberan ser "suprimidos". Puxo o exemplo co ministerio de Cultura, do que reprocha que teña agora máis funcionarios ca hai vinte e cinco anos, malia que se trata dunha competencia exclusiva dos gobernos autonómicos. Huguet insistiu así na necesidade de avanzar na reforma do financiamento autonómico.   
  
  Nunha conferencia recente, o conseller catalán sinalará tamén que o Estado debería reservarse só o 35% do gasto público, un 15% por baixo da porcentaxe defendida actualmente polo goberno español. O representante de ERC opina que de aí podería saír unha proposta de financiamento seria para os concellos que evitase que tivesen que botar man "dos impostos do ladrillo" para financiárense.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto