 
O software será de código aberto e estará dispoñíbel, segundo a compañía estadounidense, este martes 2 de setembro.
 
											Google anunciou, por sorpresa, no seu blog, que este martes lanzará oficialmente o seu navegador. De código aberto, e baseado parcialmente no Safari de Apple e no Firefox de Mozilla, o Google Chrome -que así se chamará- pretende revolucionar a web, por estar pensado para executar aplicacións en liña.
Mentres se mantén a expectación, Google fixo pública, e mediante unha licenza Creative Commons, unha banda deseñada onde enxeñeiros da compañía explican como se desenvolveu, en que consiste e que novidades achega.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto