 
 
O primeiro seguirá a ser presidente, mentres que o segundo, principal líder da oposición, será primeiro ministro.
 
											Unha imaxe da sinatura deste luns
O presidente de Cimbabue, Robert Mugabe, e o principal líder da oposición, Morgan Tsvangirai, asinaron ás 11.10 horas deste luns o acordo para formar un goberno de unidade nacional, que acaba con case tres décadas de monopolio no poder do actual gobernante e pon fin á crise desatada logo dos últimos comicios electorais.
  O acordo, polo que Mugabe segue de presidente e Tsvangirai convértese en primeiro ministro, asinouno, así mesmo, o tamén líder opositor Arthur Mutambara, nun hotel de Harare, en presenza do mediador nas negociacións, o presidente sudafricano, Thabo Mbeki, outros líderes africanos e varios centos de invitados.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto