 
 
O recorte de medio punto nos tipo de interese comeza a ter as súas consecuencias e amortece o pánico bursátil.
A desconfianza segue a condicionar os parqués e os inversores móvense alternativamente pola avaricia e polo medo. Os analistas falan do pánico como único árbitro das cotizacións e os rebotes son os protagonistas na apertura da bolsa. Con todo, os parqués europeos comezaron a sesión en positivo, en resposta á baixada dos tipos de interese coordinada anunciada o mércores, que nun primeiro momento non tivo o efecto previsto. Así, o Ibex 35, apuntouse unha suba do 0,55%, en consonancia coas avances do resto dos mercados de Europa. A Bolsa de Valores de Londres tamén abriu á alza, cunha suba do 1,35% do FTSE-100, un patrón que se repetía tamén en Fráncfort ou París.    
   Baixada dos tipos  
Os analistas entenden que esta é a consecuencia da baixada conxunta de tipos de xuro, unha decisión conxunta dos principais bancos centrais do mundo. Porén, esta medida non tivo nun principio o efecto agardado e os mercados continuaron experimentando acusados descensos movidos polo pánico. O principal índice da bolsa neoiorquina, o Dow Jones, pechou o mércores á baixa por sexto día consecutivo. Ademais, o peor parado foi o Cac francés, que caeu máis do 43% dende o nivel máis alto de 2007, mentres que o Ibex e FTSE foron máis resistentes.    
   A decisión coordinada entre o Banco Central Europeo (BCE), a Reserva Federal (FED) e outros bancos centrais de baixar medio punto os tipos de interese obedece ao obxectivo de facer máis atractiva a renda fixa nun momento no que se está a contraer a inversión na bolsa: preténdese mellorar as expectativas e aumentar o efecto riqueza.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto