 
O anaco de software usa o tradutor automático de Google para recoñecer automaticamente textos en 40 idiomas.
O blog de información sobre Google Dirson presentou un script que traduce ao galego calquera texto que resaltemos nunha web. O programa usa a tecnoloxía de tradución de Google, que actualmente manexa 41 linguas, e só está dispoñíbel para o navegador Firefox.
Segundo unha información publicada por Código Cero, para poder dispoñer deste sistema de tradución automática instantánea é preciso instalar o engadido Greasemonkey e engadirlle o script pendurado en Dirson. Nesa web tamén están dispoñíbeis utilidades análogas para a tradución ao catalán e ao castelán que, á súa vez, están baseadas noutra creada previamente para a tradución ao inglés.
A ferramenta detecta automaticamente a lingua na que está escrito o texto da web que queremos traducir, o que multiplica a posibilidade de acceso á información escrita en numerosos idiomas de todo o mundo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto