 
A asociación abriu o prazo de presentación de candidaturas para elixir ou reelixir as persoas que formarán a súa xunta.
A Asociación PuntoGal elixirá o vindeiro sábado 14 a súa nova Xunta Directiva. Con este fin, xa abriu o prazo de presentación de candidaturas, que incluirán presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesouraría e un mínimo de tres vogais. A renovación da dirección da entidade chega un mes despois de superar os 10 mil apoios ao dominio galego.
O dous de febreiro rexistrouse na web de PuntoGal o apoio número 10 mil ao dominio .gal da lingua e cultura galegas na internet. A estas sinaturas individuais hailles que sumar as adhesión de 92 entidades, entre colexios profesionais, asociacións culturais, empresas ou medios de comunicación.
Ademais das sinaturas en liña, a Asociación PuntoGal está a traballar en conseguir apoios de centros galegos no exterior, dos que xa obtivo 23 adhesións. A entidade segue a participar nos diversos foros convocados pola Icann, organismo que regula a concesión de novos nomes de dominio na internet.
A nova directiva vivirá a probábel aprobación do dominio por parte da Icann, como xa se ten anunciado en varias ocasións.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto