 
 
Se a negociación frutifica, Caixa Galicia e Caixanova agardan cerrar trato nesta xornada para a compra do 22% da compañía en Itínere.
A operación coñecida xa a semana pasada a través da cal Caixa Galicia e Caixanova accederán a un bo pedazo do accionariado que controla entre outros a AP9 podería quedar completada estes días. Para este mesmo martes agárdase o posíbel peche das negociacións.   
  
  Cada unha das dúas entidades galegas accedería así a unha porcentaxe de participacións próxima ao 11%, cun desembolso de entre 180 e 200 millóns de euros. Segundo fontes das entidades, no momento actual restarían apenas "detalles" pendentes na negociación. "O máis probábel é que este martes haxa un desenlace, tanto en positivo coma en negativo", prognostican.   
  
Caixa Galicia e Caixanova accederían así ao 22% das accións que o grupo Sacyr Vallehermoso conserva en Itínere, empresa que controla infraestruturas como a AP-9, a AP-53 (entre Santiago e Lalín) e a AG-55 (entre A Coruña e Carballo).
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto