 
 
O PSdeG pídelle á Xunta que aparque a política de "suprimir ou paralizar todo o feito polo bipartito" e siga co traballo realizado neste eido.
 
											O voceiro de Infraestruturas do PSdeG no Parlamento, Pablo López Vidal, reclamoulle á Xunta que aparque a súa política de "suprimir ou paralizar todo o feito polo bipartito" e continúe o traballo realizado polo anterior Goberno no eido da seguridade viaria. 
  O socialista incidiu en que as estratexias dos últimos catro anos conseguiron diminuír o número de feridos e falecidos en accidentes de tráfico, polo que lamentou que o PP, dende a Xunta, aínda non "comezara con isto". "Non queremos facer unha batalla con isto, senón unha cuestión de país", dixo. 
  
"Xogamos moito nestas cuestións", insistiu López Vidal. O Executivo bipartito "deixou unhas bases sólidas" en materia de seguridade viaria que "non se poden perder". "A loita contra a sinistraliedade foi un desvelo e unha prioridade do PSOE", e "debe ser un compromiso de toda a sociedade", salientou. 
  
Iniciativas parlamentarias 
Neste senso, o Grupo Socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para saber: por que se decidiu prescindir do Comisionado sobre Seguridade Viaria posto en marcha na última lexislatura; se se vai fomentar o transporte público; o futuro do Plan de Seguridade Viaria 2006-2010; e cal vai ser o nivel de investimento no mantemento das estradas. 
  
En concreto, o voceiro de Infraestruturas do PSdeG citou as actuacións previstas pola última Xunta para a eliminación de tramos de concentración de accidentes; as medidas de protección de motoristas; e os programas de impulso do transporte público, Tes+Bus ou Noitebús.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto